Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19140

III. Outras disposicións

Parlamento de Galicia

ACORDO do 22 de marzo de 2021 polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2021.

O Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia establece no seu artigo 17 que as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que non poidan ser cubertas mediante persoal existente e deban proverse mediante persoal de novo ingreso serán obxecto, de ser o caso, de aprobación dunha oferta anual de emprego público.

Na reunión da Mesa de Negociación da Administración do Parlamento de Galicia do 8 de febreiro de 2021 acadouse un acordo en relación coa proposta de oferta de emprego público da Administración do Parlamento de Galicia de 2020.

Non obstante, por rematar a negociación no exercicio actual e vincularse aos créditos orzamentarios do exercicio 2021, trátase da oferta de emprego público para 2021.

En consecuencia, a Mesa da Cámara, na súa reunión do 22 de marzo de 2021, e ao abeiro do disposto no artigo 17 do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia, aprobou a oferta de emprego público da Administración do Parlamento de Galicia para 2021, conformada polas seguintes prazas dotadas orzamentariamente:

A) Acceso libre:

Corpo: superior de documentación do Parlamento de Galicia.

– Tipo de persoal: funcionario.

– Grupo: A.

– Número de prazas: 1.

– Sistema de selección: oposición libre.

Corpo: auxiliar do Parlamento de Galicia.

– Tipo de persoal: funcionario.

– Grupo: D.

– Número de prazas: 1.

– Sistema de selección: oposición libre.

Corpo: auxiliar do Parlamento de Galicia.

– Tipo de persoal: funcionario.

– Grupo: D.

– Número de prazas: 1 discapacidade intelectual.

– Sistema de selección: concurso-oposición.

B) Acceso por promoción interna.

Corpo: superior de publicacións do Parlamento de Galicia.

– Tipo de persoal: funcionario.

– Grupo: A.

– Numero de prazas: 2.

– Sistema de selección: concurso-oposición.

Corpo: xestión do Parlamento de Galicia.

– Tipo de persoal: funcionario.

– Grupo: B.

– Numero de prazas: 1.

– Sistema de selección: concurso-oposición.

Corpo: administrativo do Parlamento de Galicia.

– Tipo de persoal: funcionario.

– Grupo: C.

– Número de prazas: 2.

– Sistema de selección: concurso-oposición.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2021

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia