Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 15 de abril de 2021 Páx. 19460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 10 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2002/87/27 e catorce máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que a continuación se relacionan para seren notificadas das resolucións ditadas pola xefa territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

Os expedientes están á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, na rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer, para coñeceren o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Advírteselles que, de non o faceren, se considerarán notificadas no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra as resolucións ditadas nos expedientes, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 10 de marzo de 2021

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. de

expediente

Efectos xurídicos

Data da

resolución

35624172R

2002/87/27

Modificación de medida administrativa

30.10.2020

34317085G

2019/113/27

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

13.11.2020

Y4993198G

Y2457790R

2018/150/27

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

18.11.2020

X8330845S

2013/141/27

Concesión de recurso

6.11.2020

51688666F

2017/152/27

Modificación de medida administrativa e concesión de recurso

26.11.2020

Y6740452V

2019/22/27

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

19.11.2020

34305815G

33336312C

33333477Z

33330134Y

2005/257/27

Cesamento de recursos

27.11.2020

33342231M

2007/73/27

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

9.12.2020

35592938R

2006/01/27

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

19.11.2020

32817144P

2019/161/27

Improcedencia de medida administrativa

30.11.2020

33537658R

2016/154/27

Modificación de recurso

4.12.2020

33537658R

2019/65/27

Modificación de recurso

4.12.2020

Y5667199J

2017/142/27

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

14.12.2020

Laudino Marino Redondo

2020/130/27

Improcedencia de medida administrativa

14.12.2020

Joao Filho Gomes Da Silva

2018/4/27

Modificación de medio

3.11.2020