Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 15 de abril de 2021 Páx. 19321

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2021 pola que se modifica un vogal da Comisión de seguimento da execución dos proxectos de desenvolvemento de natureza industrial, vinculados aos parques eólicos adxudicados conforme as ordes de convocatoria que regula a Lei 8/2009, do 22 de decembro.

O artigo 3 da Orde do 3 de abril de 2012 pola que se aproba o Regulamento da comisión de seguimento da execución dos proxectos de desenvolvemento de natureza industrial e do resto de criterios de selección vinculados aos parques eólicos adxudicados dentro das ordes de convocatoria que regula a Lei 8/2009, do 22 de decembro, establece a composición da comisión. O devandito artigo sinala que exercerá a presidencia da citada comisión de seguimento a persoa titular do Instituto Enerxético de Galicia, que nomeará os cinco membros restantes, por proposta dos titulares da dirección xeral con competencias en materia de enerxía, do Inega e do Igape, que propoñerán os seus representantes.

Primeiro. Por Resolución do 25 de novembro de 2015 procedeuse ao nomeamento dos membros da citada comisión.

Segundo. Por Resolución do 20 de abril de 2017 modificouse un dos vogais da comisión de seguimento da execución dos proxectos de desenvolvemento de natureza industrial, vinculados aos parques eólicos adxudicados conforme as ordes de convocatoria que regula a Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Terceiro. Con data do 26 de marzo de 2021, remítese copia do Acordo da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais polo que se comunica a modificación dun dos vogais nomeados en representación do seu organismo.

Dispoño:

Nomear como representante da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais a Isabel Castro Sánchez, en substitución de Paula Uría Traba.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2021

Paula Uría Traba
Directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia