Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 15 de abril de 2021 Páx. 19419

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 2444/2020-CON).

Eu, Carmen Iglesias Fungueiro, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2444/2020-CON desta sala, seguido por instancia de Juan Manuel Dauzón Vila contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fernández Contreras Granitos, S.A., David Fernández Grande, S.L., Granimon, S.L., Mutua Asepeyo, Ibermutua Mutua Colaboradora coa SS nº 274 (fusión Mutua Gallega Ibermutuamur, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, José López Gutiérrez, Canteras Alén, S.L., Alfonso Fernández Martínez, Amante Costas, S.L., sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Juan Manuel Dauzón Vila contra a sentenza con data do 19 de decembro de 2019, do Xulgado do Social número 3 de Vigo, en autos 861/2016, confirmámola.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano del.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, terá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Granimon, S.L., Canteras Alén, S.L., José López Gutiérrez e Amante Costas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza