Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 15 de abril de 2021 Páx. 19425

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SSS 915/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 915/2019 deste xulgado do social, se ditou, con data do 2.3.2021, sentenza podendo interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días e con data do 15.3.2021 se dita auto de rectificación de sentenza contra o que non cabe recurso, facéndolle saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro das devanditas resolucións na secretaría do dito órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Aguiño, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza