Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2021 Páx. 19619

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO de nomeamentos de funcionarias de carreira.

Por resolución de Alcaldía número 2021-0407, resolveuse nomear funcionarias de carreira do Concello de Porto do Son, pertencente á Escala de Administración xeral, subescala administrativa, clase administrativo, código do posto 1004 a Monzón Rodríguez, María Carmen, con NIF ** 5300** e código do posto 2004, e a Sánchez Fariña, María do Pilar, con NIF ** 7749** .

As persoas nomeadas deberán tomar posesión no prazo dun mes, contado desde a publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Porto do Son, 23 de marzo de 2021

José Luis Oujo Pouso
Alcalde-presidente