Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19818

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 13 de abril de 2021 de convocatoria do proceso selectivo para a contratación temporal dun/dunha titulado/a superior (técnico/a I), baixo a modalidade contractual de proxectos de investigación científica e técnica para o desenvolvemento de actuacións de I+D+i, dirixida a un/unha especialista en avaliacións agronómicas, enolóxicas e sanitarias do viñedo dentro do proxecto Interreg-Sudoe (SOE3/P2/E0911): servizo de viticultura de precisión para pemes baseado na rede de sensores IoT (VinIoT).

Anúnciase a convocatoria do proceso selectivo para a contratación por obra ou servizo de duración determinada dun/dunha titulado/a superior (técnico/a I), licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, Enxeñaría Agrónoma, Enoloxía; graduado/a en Enxeñaría Técnica Agrícola ou equivalentes, e especialista en Avaliación Agronómica, Enolóxica e Sanitaria do Viñedo, baixo a modalidade contractual para a realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica regulada na lexislación vixente que resulte de aplicación, particularmente, polo disposto nos artigos 12 e 15 do Estatuto dos traballadores, modificado polo Real decreto lei 10/2020; pola Lei 12/2001, con especial referencia aos termos da disposición adicional sétima; pola Lei 14/2011 e o Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o referido artigo 15 do Estatuto dos traballadores.

O prazo de presentación das solicitudes é de dez (10) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galicia (DOG).

As bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega da Calidade Alimentaria:

https://mediorural.xunta.gal/gl/conselleria/organismos-adscritos/axencia-galega-da-calidade-alimentaria/documentacion.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2021

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria