Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 6 de abril de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifican as resolucións da solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu domicilio ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional da Consellería de Facenda e Administración Pública, sitas na rúa Pastoriza, 8, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións de referencia poderán as persoas interesadas interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer demanda ante a xurisdición social no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 69 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

DNI/NIF/NIE

Acto notificado

33254549E

Resolución

34952123N

Resolución

78789408X

Resolución