Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19675

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2021 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten por obxecto materializar nos anexos da relación de postos de traballo as modificacións referidas para o ano 2021, do Acordo sobre as condiciones de traballo dos axentes forestais e mediambientais, asinado con data do 11 de outubro de 2018, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 17 de xaneiro de 2019, negociado na Mesa Xeral de Empregados Públicos e aprobado na Comisión Superior de Persoal da Xunta de Galicia.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na mesa de negociación correspondente da comunidade autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 8 de abril de 2021, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 8 de abril de 2021, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2021

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Neste anexo de RPT reflíctese, ademais da modificación dos postos de axentes medioambientais con denominación «AXENTE» que pasan do nivel 17 ao 18, o incremento de 20 € mensuais no complemento específico dos axentes con nivel 20 (AXENTE AMBIENTAL COORDINADOR/A, AXENTE TERRITORIAL) recollidos no acordo retributivo para este colectivo para o ano 2021. Os postos coa denominación «AXENTE AMBIENTAL» e «AXENTE ZONAL», aínda que saen nesta listaxe, non sofren modificacións.

Persoal funcionario

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file