Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19931

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANUNCIO de corrección de erros no Anuncio do 30 de marzo de 2021 polo que se convocan procesos selectivos para a contratación de persoal temporal.

Advertido un erro no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 64, do 7 de abril de 2021, cómpre efectuar a seguinte corrección:

No primeiro parágrafo, onde di: «A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca os procesos selectivos REF.PER.-2021/01-12, para a contratación de persoal laboral temporal polo procedemento de concurso de méritos», debe dicir: «A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca os procesos selectivos REF.PER.-2021/01-11, para a contratación de persoal laboral temporal polo procedemento de concurso de méritos, e o proceso selectivo REF.PER.-2021/12, para a contratación de persoal, mediante contrato laboral temporal por interinidade, polo sistema de concurso-oposición».

O prazo de presentación de solicitudes para o proceso selectivo REF.PER.-2021/12 será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

San Cibrao das Viñas, 13 de abril de 2021

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne