Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19822

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 227/2019).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 227/2019 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Varaderos Lazareto, S.L., J.D. Shipyard, S.L. e Fogasa, sobre cantidade, se ditou Sentenza do 8.3.2021, contra a cal se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, que deberá ser anunciado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da presente notificación. Faise saber, igualmente, que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Varaderos Lazareto, S.L. e a J.D. Shipyard, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza