Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 20 de abril de 2021 Páx. 20137

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2021 pola que se dá publicidade da ampliación do prazo de execución do encargo á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) para realizar as obras complementarias ás encargadas pola Resolución do 14 de decembro de 2018, da Axencia Galega de Innovación, respecto das obras de acondicionamento e urbanización da ampliación do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) en Lugo.

De conformidade co previsto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e no artigo 8 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade da ampliación do prazo de execución do seguinte encargo:

– Resolución do 18 de agosto de 2020, da Axencia Galega de Innovación (GAIN) pola que se encarga a Tragsa (Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P.) a realización das obras complementarias ás encargadas pola Resolución do 14 de decembro de 2018, da Axencia Galega de Innovación, respecto das obras de acondicionamento e urbanización da ampliación do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) en Lugo.

– Prazo de vixencia inicial: seis meses, a contar desde o día de sinatura da acta de replanteo (ata o 21.3.2021).

– Período polo que se amplía o prazo de execución: 60 días (ata o 21.5.2021).

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación