Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 21 de abril de 2021 Páx. 20306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, polo que se somete a información pública o Plan básico municipal de Padrenda.

De conformidade co disposto nos artigos 63 e 64 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do Decreto 143/2016, do 23 de setembro, polo que se aproba o Regulamento que desenvolve a dita lei, os plans básicos municipais son os instrumentos de planeamento urbanístico que se redactarán en desenvolvemento do Plan básico autonómico para os concellos de menos de 5.000 habitantes que non conten cun instrumento de planeamento xeral, e cuxa formulación, tramitación e aprobación corresponde á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Atendendo ao dito mandato normativo, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acordou, mediante Resolución do 30 de marzo de 2021, aprobar inicialmente o Plan básico municipal do concello de Padrenda e sometelo a información pública.

En cumprimento do disposto nos artigos 64.3 da Lei 2/2016, do 10 febreiro, e 156.3 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública o Plan básico municipal do concello de Padrenda, polo prazo de dous meses contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o referido prazo, calquera persoa poderá examinar o documento en horario de oficina, con cita previa, nas seguintes dependencias:

– Servizo Provincial de Urbanismo da Xefatura Territorial de Ourense (praza Eduardo Barreiros, 12 baixo, 32003 Ourense, teléfono 988 68 73 26).

– Concello de Padrenda (avenida San Roque, 17, 32229 Padrenda, teléfono 988 49 47 00).

Así mesmo, poderá consultarse o documento a través da seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Territorio_e_urbanismo_Planeamento_urbanistico?content=SX_Ordenacion_Territorio_Urbanismo/Participacion_publica/seccion.html&std=Participacion_publica.html

Durante o referido prazo, calquera persoa poderá achegar alegacións no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou en calquera dos rexistros e oficinas sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como no seguinte enderezo de correo electrónico: sxurb@xunta.gal

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2021

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo