Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 21 de abril de 2021 Páx. 20292

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 54/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ETX 54/2020 deste xulgado do social se ditou resolución da que os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial e cuxos datos se fan constar a continuación:

Resolución: Auto de data 24.3.2021.

Recurso e prazo: recurso de reposición en prazo de 3 días.

Empresa a quen se notifica: Colaper Personal, S.L.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Colaper Personal S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza