Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 21 de abril de 2021 Páx. 20301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 8 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2020/113-1, no concello de Cariño.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada adecuación LMTA MEA816 e CT Feás, no concello de Cariño (expediente IN407A 2020/113-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do referido concello, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 8 de abril de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/113-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: adecuación LMTA MEA816 e CT Feás.

Concello: Cariño.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

Data

Hora

1

Esteiro de Arriba

Descoñecida

27.5.2021

11.30

2

San Roque

Descoñecida

27.5.2021

10.45

3

Esteiro de Arriba

Descoñecida

27.5.2021

11.00