Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 21 de abril de 2021 Páx. 20277

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (961/2018).

Eu, Rosario Cantalejo García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 961/2018 seguido por instancia de Eos Spain, S.L. fronte a María Mercedes Comesaña Riveiro e Aránzazu Comesaña Comesaña ditouse sentenza o 1.12.2020 do teor literal seguinte:

Sentenza 219/2020

En Vigo o 1 de decembro de 2020.

María Aurelia Montenegro Arce, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, viu os presentes autos de xuízo ordinario número 961/2018, sobre reclamación de cantidade, promovidos por instancia de Eos Spain, S.L., representada pola procuradora Gisela Álvarez Vázquez e asistida pola letrada María Raquel Pérez Rodríguez, contra María Mercedes Comesaña Riveiro e Aránzazu Comesaña Comesaña, declarados en situación de rebeldía procesual.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Fallo que estimo a demanda interposta pola procuradora Gisela Álvarez Vázquez, actuando en nome e representación da mercantil Eos Spain, S.L., contra Aránzazu Comesaña Comesaña e María Mercedes Comesaña Riveiro, e condeno conxunta e solidariamente as demandadas a que aboen á demandante a suma de 11.270,20 euros, en concepto de principal, máis os xuros legais, con expresa imposición das costas procesuais ás demandadas.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndoselles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer ante este xulgado recurso de apelación no prazo de 20 días, contados desde o seguinte ao da súa notificación, e do que coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra.

E encontrándose as devanditas demandadas, María Mercedes Comesaña Riveiro e Aránzazu Comesaña Comesaña, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a estas.

Vigo, 16 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza