Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 21 de abril de 2021 Páx. 20330

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, mediante o sistema de oposición, quenda libre, dunha praza de persoal funcionario/a de carreira, categoría arquitecto/a.

Mediante o Decreto 625/2021, do 31 de marzo, da concelleira delegada de Recursos Humanos, Industria e Emprego do Concello das Pontes de García Rodríguez, convocouse o proceso selectivo para a cobertura dunha praza de persoal funcionario/a de carreira, arquitecto/a, vacante no cadro de persoal do concello. A través do citado decreto tamén se aprobaron as bases da convocatoria.

As bases da convocatoria publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 65, do 9.4.2021.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse de acordo co previsto nas bases da convocatoria.

As Pontes de García Rodríguez, 12 de abril de 2021

O alcalde
P.D. (Decreto 993/2019, do 24 de xuño;
BOP núm. 121, do 28 de xuño)
Ana María Pena Purriños
Concelleira delegada da Área de Recursos Humanos,
Industria e Emprego