De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Técnica de Fomento, Área Central, s/n, Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), do Instituto Galego da Vivenda e Solo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2021
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
ANEXO
Acto obxecto de notificación: resolución
Expediente |
NIF/NIE |
202015ALUG00860R |
49334068B |
202036ALUG00444R |
Y0945874J |
202036ALUG00799B |
X5848582G |
202036ALUG00656Y |
Y1980268M |