Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 22 de abril de 2021 Páx. 20440

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 145/2021).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 145/2021, seguido por instancia de José Ángel Are Vidal contra Trabajos Verticales 2016, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a Sentenza 136/2021, do 18 de marzo, que estima a demanda e contra a que non cabe interpoñer recurso. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Trabajos Verticales 2016, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza