Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 22 de abril de 2021 Páx. 20437

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (RSU 2769/2020).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2769/2020 desta sección, seguidos por instancia de Jesús Manuel Fidalgo Pérez contra Seguros Costa da Morte, S.L., Seguros Barrientos Rodríguez, S.L., Norte Asis-Reparar, S.L.U., Reparaciones y Servicios Costa da Morte, S.L., Reformanu Spain, S.L. (Jesús Barrientos Rodríguez), Promociones Cabo Touriñán, S.L., Canosa Abogacía Consultoría e Asociados, S.L., Inversiones Berdeogas, S.L., Inversiones Costafin, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución con data do 22 de marzo de 2021, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Desestimando o recurso de suplicación interposto por Jesús Manuel Fidalgo Pérez contra a Sentenza do 24 de marzo de 2020 do Xulgado do Social número 6 da Coruña, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra a entidade mercantil Seguros Costa da Morte, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Reparaciones y Servicios Costa da Morte, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Reformanu Spain, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Norte Asis-Reparar, Sociedade Limitada, a entidade mercantil Cabo Touriñán, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Seguros Barrientos, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Canosa Abogacía Consultoría y Asociados, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Inversiones Berdeogas, Sociedad Limitada e a Entidade Mercantil Inversiones Costafin, Sociedad Limitada, a sala confírmaa integramente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Seguros Barrientos Rodríguez, S.L., Canosa Abogacía Consultoría y Asociados, S.L., Inversiones Berdeogas, S.L., Inversiones Costafín, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da ouficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza