Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 22 de abril de 2021 Páx. 20389

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 15 de abril de 2021 pola que se autoriza o cambio de denominación específica da EEI de Sarria, do concello de Sarria.

De conformidade co previsto no artigo 8 do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Lugo.

Concello: Sarria.

Código: 27014082.

Denominación actual: Escola de Educación Infantil (EEI) de Sarria.

Nova denominación: Escola de Educación Infantil (EEI) Xela Arias.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade