Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20551

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

EXTRACTO da Orde do 16 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís 0-3, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420C).

BDNS (Identif.): 543557.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base nacional de subvencións (http;//www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Apertura do prazo de presentación de solicitudes

Ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes que será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes presentadas segundo o establecido no parágrafo anterior tramitaranse de acordo coas bases establecidas na Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís 0-3, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420C).

As entidades que presentaran solicitude ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2020 non terán que presentar unha nova solicitude.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social