Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 21111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se acorda a remisión do expediente e o emprazamento a diversos interesados no procedemento ordinario 114/2021, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, contra a resolución pola que se publica a relación definitiva das embarcacións seleccionadas para o outorgamento da modalidade de anemone ao abeiro do Plan conxunto das confrarías de pescadores de Marín, Portonovo, Sanxenxo, Raxó, Pontevedra, Lourizán e Bueu.

A Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo o requirimento de remisión do expediente e a práctica dos emprazamentos relativos ao procedemento ordinario 114/2021 formulado por Jesús Míguez Otero fronte á Resolución do recurso de alzada do 22 de marzo de 2021 interposto contra a resolución da Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo pola que se publica a relación definitiva das embarcacións seleccionadas para o outorgamento da modalidade de anemone ao abeiro do Plan conxunto das confrarías de pescadores de Marín, Portonovo, Sanxenxo, Raxó, Pontevedra, Lourizán e Bueu.

En consecuencia, esta xefatura territorial acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal e notificar aos interesados no procedemento para que poidan comparecer, se o consideran oportuno, ante o Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, no prazo de nove (9) días contados desde o día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 13 de abril de 2021

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo