Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 21093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 22 de marzo de 2021, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican os acordos de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres OU-00187-O-2021 e tres máis.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación dos expedientes sancionadores números OU-00187-O-2021 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outórgaselles un prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 22 de marzo de 2021

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

anexo

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

Denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción

proposta

OU-00187-O-2021

PO-0368-AJ

76984064M

A carencia a bordo do vehículo dos rexistros manuais e documentos de impresión do día en curso e dos 28 días anteriores cando resulte obrigatorio presentalos, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

5.1.2020; 19.00; A52; 233,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 197.40 ROTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201.g) ROTT

1.001 euros

OU-00302-O-2021

PO-0368-AJ

76984064M

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

5.11.2020; 19.00; A52; 233,0

Art. 141.14 LOTT

Art. 198.18 ROTT

Art. 201.1.e) ROTT

Art. 143.1 LOTT

601 euros

OU-00303-O-2021

PO-0368-AJ

76984064M

Realizar transporte privado de mercadorías utilizando un/unha condutor/a que carece do CAP.

5.11.2020; 19.00; A52; 233,0

Art. 190.20 LOTT

Art. 198.12 ROTT

Art. 201.h) ROTT

Art. 143.1 LOTT

201 euros

OU-01081-O-2020

PO-0368-AJ

76984064M

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 da LOTT.

5.11.2020; 19.00; A52; 233,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 197.1 ROTT

Art. 201.i) ROTT

Art. 143.1 LOTT

4.001 euros