Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 21085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 14 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, sobre resolución de desistencia dun procedemento expropiatorio no concello de Cariño (expediente IN407A 2016/328-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no cadro anexo a Resolución desta xefatura territorial, do 13.4.2021, pola que se acorda a desistencia e o arquivamento das actuacións dun procedemento expropiatorio que formulou a entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada adecuación LMTA, MEA-816, CT Feás, no concello de Cariño (expediente IN407A 2016/328-1).

O texto íntegro da resolución que agora se anuncia atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da dita resolución ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, que contará a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 14 de abril de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/328-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: adecuación LMTA, MEA-816, CT Feás.

Concello: Cariño.

Predio

Lugar

Titularidade

4

Esteiro de Arriba

Inés e Otilia Fraguela Santiago