Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 21047

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 25 de maio de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

En virtude da Resolución do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 109, do 5 de xuño), en que se fixeron públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro),

DISPOÑO:

Incluír na relación definitiva de aspirantes excluídas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, a seguinte persoa aspirante:

DNI

Apelidos e nome

Motivo da inclusión

***4289**

Campos Guardiola, Sonia

43 (desistencia da solicitude)

A persoa anteriormente indicada queda así excluída da relación definitiva de aspirantes admitidas ao dito proceso selectivo.

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública