A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 211/2019, do 29 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2019, realiza convocatoria para cubrir prazas de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo mediante contrato de remuda indefinida a tempo completo polo procedemento de concurso-oposición:
1 praza de responsable de mantemento (GII BI N8).
1 praza de técnico económico-financeiro (GII BII N8).
1 praza de administrativo (GIII BII N3).
As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web de Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es.
As solicitudes deberanse presentar no prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, nos rexistros a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, ou telematicamente a través da páxina web https://sede.apvigo.gob.es. Se o último día do prazo coincide en sábado, domingo ou festivo, este finalizará o seguinte día hábil.
Vigo, 16 de abril de 2021
Jesús Vázquez Almuiña
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo