Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 28 de abril de 2021 Páx. 21224

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 22/2021).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 22/2021 deste xulgado do social, seguido a instancia de José Luis Daponte Ríos contra a empresa Alonga Rehabilitaciones, S.L., sobre ordinario, se ditou no día da data decreto de insolvencia impugnable en revisión no prazo de tres días, o cal se atopa á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en forma legal a Alonga Rehabilitaciones, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 6 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza