Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 28 de abril de 2021 Páx. 21135

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2021 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da Orde do 5 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 45, do 8 de marzo), pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á creación ou mellora de infraestruturas nos concellos de Galicia con poboación inferior a 20.000 habitantes, para o ano 2021 (código de procedemento MT300A).

Feitos.

Primeiro. A Orde do 5 de marzo de 2021, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, publicada no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) núm. 45, do 8 de marzo, establece as bases reguladoras e convoca as subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á creación ou mellora de infraestruturas nos concellos de Galicia con poboación inferior a 20.000 habitantes, para o ano 2021 (código de procedemento MT300A).

Segundo. No seu artigo 7.1 indícase que, por ser unha convocatoria de subvencións en concorrencia non competitiva, as subvencións se resolverán por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas.

No artigo 7.2 da orde establécese que as resolucións de concesión poderán ditarse sucesivamente de forma individual para cada unha das solicitudes presentadas, a medida que se vaia verificando que toda a documentación que exixe o artigo 6 da presente orde é correcta e está completa, ata o esgotamento do crédito consignado na correspondente partida orzamentaria.

Terceiro. Unha vez revisadas e ordenadas todas as solicitudes presentadas coa documentación completa, a última solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito tivo entrada no Rexistro electrónico da Xunta de Galicia con data do 9 de marzo de 2021, ás 00.09.43 horas, co número de rexistro 2021/520743.

Consideracións xurídicas.

O artigo 4.4 da Orde do 5 de marzo de 2021 establece que, unha vez esgotada a contía máxima fixada no punto 1 do mesmo artigo así como, de ser o caso, os aumentos de crédito efectuados, se publicará o esgotamento da contía máxima fixada e se acordará a non admisión das posteriores solicitudes; tal publicación efectuarase no DOG e na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

En virtude do exposto anteriormente, e de acordo co establecido no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Dar a coñecer o esgotamento de crédito con data do 9 de marzo de 2021, ás 00.09.43 horas, autorizado no artigo 4.1 da Orde do 5 de marzo de 2021 (DOG núm. 45, do 8 de marzo) para sufragar as subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á creación ou mellora de infraestruturas nos concellos de Galicia con poboación inferior a 20.000 habitantes, para o ano 2021 (código de procedemento MT300A).

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
P.D. (Orde do 5.3.2021; DOG núm. 45, do 8 de marzo)
María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo