Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 28 de abril de 2021 Páx. 21145

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 16 de abril de 2021 pola que se modifica a autorización do centro privado de educación especial Aspaber, de Carballo (A Coruña).

O representante da titularidade do centro privado de educación especial Aspaber, de Carballo, solicita a ampliación de 1 unidade.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Autorizar a modificación da autorización e ampliar 1 unidade de educación especial no centro que se sinala a seguir:

– Denominación xenérica: centro privado de educación especial (CEEPR).

– Denominación específica: Aspaber.

– Código do centro: 15033071.

– Domicilio: Lugar da Brea.

– Código postal: 15102.

– Localidade: Carballo (San Xoán).

– Concello: Carballo.

– Provincia: A Coruña.

– Titular: Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Bergantiños (Aspaber).

Composición resultante:

– 3 unidades de educación especial.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade