Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 28 de abril de 2021 Páx. 21230

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 615/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 615/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Milagros Oubel Freire contra a empresa Limgrup Auxiliar, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que estimando integramente a demanda interposta por Milagros Oubel Freire contra Limpgrup Auxiliar, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 1.298,39 euros brutos polos conceptos sinalados no feito probado terceiro desta sentenza, máis os xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores devindicados respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil a partir da presente resolución; e condeno, así mesmo, a demandada ao aboamento das custas procesuais, incluídos os honorarios da letrada da parte demandante, que se fixan no importe de 200 euros.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limgrup Auxiliar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza