Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 29 de abril de 2021 Páx. 21506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción do proxecto da modificación da instalación de xeración turbina G4, de 7,95 MW a 12,88 MW (expediente IN408A 2019/015).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante: Ence Energía y Celulosa, S.A.

Denominación do proxecto: proxecto para a autorización administrativa da modificación da instalación de xeración turbina G4, de 7,95 MW a 12,88 MW.

Concello afectado: Pontevedra.

Potencia que se instalará: 4,93 MW.

Localización: Marisma de Lourizán, s/n, Pontevedra.

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Grupo de xeración G4 con alternador de potencia aparente 9,875 MVA, tensión 11.000 +/- 10 % V e turbina de condensación con limitación mecánica a 12,88 MW, a que se lle suprime a limitación mediante software actual a 7,95 MW.

O obxecto da información pública será o proxecto da modificación da instalación de xeración turbina G4, de 7,95 MW a 12,88 MW.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións, no prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39. Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avda. Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado.

Pontevedra, 16 de decembro de 2020

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra