A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia dispón no seu artigo 15.1, relativo á publicidade das subvencións concedidas, que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a contía concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.
O artigo 25.6 da Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 27 de decembro de 2019 (DOG núm. 13, do 21 de xaneiro de 2020) pola que se estableceron as bases reguladoras e se procedeu á convocatoria pública das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 (código de procedemento TR353B) establece que, as subvencións concedidas se publicarán, con expresión da entidade beneficiaria, a contía e a finalidade, no Diario Oficial de Galicia de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
A convocatoria tiña como finalidade establecer as bases reguladoras e a convocatoria pública das axudas e subvencións do ano 2020 para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación (programas de emprego), dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
O financiamento das axudas previstas na orde de convocatoria efectuouse con cargo aos créditos da aplicación 09.41.322A.460.2 (código de proxecto 2018 00017) estando cofinanciadas nunha porcentaxe do 91,89 % pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo, mediante a Iniciativa de emprego xuvenil, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, eixe prioritario 5, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.2, medida 8.2.2.5.
En consecuencia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas para os programas de emprego dirixidos a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2019 (DOG núm. 13, do 21 de xaneiro de 2020), segundo o anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021
Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Colocación
ANEXO
Expediente |
Entidade beneficiaria |
CIF |
Concedido 2020 |
Concedido 2021 |
15/00030/20 |
Concello de Ribeira |
P1507400H |
173.199,53 |
173.199,52 |
15/00035/20 |
Concello de Rois |
P1507500E |
115.466,35 |
115.466,35 |
15/00038/20 |
Concello de Negreira |
P1505700C |
184.746,16 |
184.746,16 |
15/00042/20 |
Concello de Fene |
P1503600G |
184.746,16 |
184.746,16 |
15/00043/20 |
Concello de Santiago de Compostela |
P1507900G |
184.746,16 |
184.746,16 |
15/00044/20 |
Concello de Vimianzo |
P1509300H |
184.746,16 |
184.746,16 |
15/00046/20 |
Concello de Rianxo |
P1507300J |
184.746,16 |
184.746,16 |
27/00001/20 |
Concello de Ribadeo |
P2705100B |
184.746,16 |
184.746,16 |
27/00004/20 |
Concello de Folgoso do Courel |
P2701700C |
184.746,16 |
184.746,16 |
32/00004/20 |
Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín |
P3200025I |
184.746,16 |
184.746,16 |
32/00005/20 |
Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense |
P3200026G |
184.746,16 |
184.746,16 |
36/00001/20 |
Mancomunidade de Municipios do Salnés |
P3600041B |
184.746,16 |
184.746,16 |
36/00002/20 |
Concello de Vilagarcía de Arousa |
P3606000B |
184.746,16 |
184.746,16 |
36/00004/20 |
Concello de Cambados |
P3600600E |
184.746,16 |
184.746,16 |
36/00006/20 |
Concello de Redondela |
P3604500C |
184.746,16 |
184.746,16 |
36/00008/20 |
Concello de Vilanova de Arousa |
P3606100J |
184.746,16 |
184.746,16 |
36/00009/20 |
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo |
P8605704I |
184.746,16 |
184.746,16 |
36/00012/20 |
Concello de Moraña |
P3603200A |
184.746,16 |
184.746,16 |
36/00013/20 |
Concello de Mos |
P3603300I |
184.746,16 |
184.746,16 |