Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 29 de abril de 2021 Páx. 21555

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2021 pola que se realiza convocatoria pública para cubrir prazas de persoal laboral fixo.

Prazas: 1 (un) asistente de dirección.

3 (tres) policías portuarios.

1 (un) oficial de obras e mantemento.

Tipo de contrato: fixo.

Proceso selectivo: concurso-oposición.

As bases destas convocatorias e os impresos de solicitude estarán á disposición dos interesados na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao Pasaxeiros, nº 1, e tamén dispoñibles na páxina web: www.portovilagarcia.es

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que, a partir deste momento, se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e páxina web: www.portovilagarcia.es

Vilagarcía de Arousa, 21 de abril de 2021

José Manuel Cores Tourís
Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa