Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 29 de abril de 2021 Páx. 21538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2021 pola que se fai pública a formalización da encarga co medio propio personificado Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) para a execución do servizo de apoio a Augas de Galicia na tramitación de autorizacións de obras en zona de policía, servidume e dominio público hidráulico, concesións de augas, autorizacións de cortas, navegacións e sancionadores, no ámbito xeográfico da Demarcación Centro de Augas de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización do encargo realizada cunha empresa pública na súa condición de medio propio personificado, expediente tramitado ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e nos artigos 31 e 32 e na disposición adicional vixésima cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e demais normativa que resulta de aplicación:

Datos xerais.

Entidade que confire o encargo: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de Transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Tipo de tramitación do expediente: encargo a medio propio personificado e servizo técnico do poder adxudicador.

Encargo.

Título e obxecto: servizo de apoio a Augas de Galicia na tramitación de autorizacións de obras en zona de policía, servidume e dominio público hidráulico, concesións de augas, autorizacións de cortas, navegacións e sancionadores, no ámbito xeográfico da Demarcación Centro de Augas de Galicia.

Clave do expediente: ENC.21002.

Código CPV (referencia de nomenclatura): 71300000-1 (Servizos de enxeñaría).

Empresa destinataria do encargo: Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

Data de aprobación: 12 de abril de 2021.

Data de formalización: 13 de abril de 2021.

Orzamento: 337.663,16 euros (actuación non suxeita a IVE).

Importe total previsto do gasto: 675.326,32 euros. Inclúe o orzamento inicial e as eventuais prórrogas previstas do encargo.

Prazo de execución: 24 meses con previsión de prórrogas con incremento do gasto ata un máximo de 24 meses e sen prexuízo da/s ampliación/s do prazo de execución da prestación obxecto do encargo que foran necesarias sen incremento do gasto.

Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 13 de abril de 2021.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2021

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia