Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 21940

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 306/2020).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 306/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Liste Dafonte contra o Concello de Ordes, Ende Ben Ordes, S.L., TMA Soluciones, S.L., ADM Concursal de Ende Ben Ordes, S.L., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza número 168/2021 do 17 de marzo de 2021, estimando parcialmente a demanda, e contra a que non cabe interpoñer recurso de suplicación, por razón da contía. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ende Ben Ordes, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza