Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 21969

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia sobre as medidas que cómpre adoptar na explotación da súa titularidade.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Gandaría da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Lugo, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, 1º baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 15 de abril de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: requirimento previo á execución da resolución administrativa.

Persoa interesada: 33342526R.

Acto notificado: citación.