Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 22007

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO de convocatoria para a provisión de dúas prazas de coidador/a da escola infantil.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 91, do 23 de abril de 2021, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover dúas prazas de coidador/a da escola infantil, persoal laboral fixo, grupo AP, mediante o sistema de concurso-oposición (procedemento extraordinario de consolidación do emprego temporal ao abeiro da disposición transitoria cuarta do Estatuto básico do empregado público).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios do Concello de Xove e no portal de transparencia da súa páxina web.

Xove, 26 de abril de 2021

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde