Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 3 de maio de 2021 Páx. 22292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 22 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica unha resolución ditada no procedemento BS210A (expediente VI-52673).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación da resolución ditada pola xefatura territorial no último domicilio coñecido do interesado sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, emprázase para notificar a resolución a persoa citada no anexo, ou o seu representante debidamente acreditado, para que no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), compareza nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución. Advírtese que, de non facelo así, se terá por notificado no vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 22 de marzo de 2021

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto
administrativo

BS210A/VI-52673

48305834S

Resolución por falecemento e arquivamento

16.12.2020