Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa e da batea Fevival I, resulta:
a) Antecedente:
O 30 de marzo de 2021, Miriam Comojo Figueira solicitou autorización para a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora da concesión administrativa e da batea Fevival I.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e a Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.
Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).
Por todo o anterior, resolvo:
Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, a favor de Miriam Comojo Figueira (***8185**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Fevival I.
Situación:
Cuadrícula nº: 163.
Polígono: E.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 25.11.1964.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actual titular: Ricardo Comojo Rodríguez (***2177**).
Novos titulares: Ricardo Comojo Rodríguez (***2177**) e Miriam Comojo Figueira (***8185**).
Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas do anterior.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa que se interporá no prazo de dous meses, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 9 de abril de 2021
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña