Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 3 de maio de 2021 Páx. 22215

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 21 de abril de 2021, do tribunal do proceso selectivo para ingresar no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, pola que se fan públicas as puntuacións e o resultado das alegacións da cuarta proba.

A epígrafe II.1.1.4 da Orde do 22 de maio de 2018, que convoca o proceso selectivo, recolle que superarán o cuarto exercicio as persoas que obteñan a cualificación de apto e que corresponde ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar ese resultado. O 17 de marzo de 2021, o tribunal acordou que superarán o cuarto exercicio as persoas aspirantes que obteñan un mínimo de quince (15) respostas correctas logo dos descontos das incorrectas.

O 14 de abril de 2021 tivo lugar a cuarta proba. Ninguén presentou alegacións durante o prazo previsto na epígrafe II.1.2.7 da convocatoria.

Ese mesmo día, este tribunal corrixiu o cuestionario da cuarta proba da única persoa aspirante convocada, que obtivo a cualificación de apto. En relación coa corrección, o tribunal

ACORDOU:

Publicar o resultado da corrección do cuarto exercicio no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e na páxina web da Xunta de Galicia (funciónpublica.xunta.gal).

De acordo coa base II.1.2.8 da convocatoria, a persoa aspirante poderá presentar alegacións á puntuación no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, ao abeiro da base III.13, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública consonte os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2021

Marcos Barreiro González
Presidente do tribunal