Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 3 de maio de 2021 Páx. 22093

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 19 de abril de 2021 pola que se resolve a inscrición da biblioteca do Colexio Médico de Ourense e da biblioteca da Agrupación Folclórica Queixumes dos Pinos no Rexistro de Bibliotecas de Galicia.

O ámbito de actuación da Consellería de Cultura, Educación e Universidade responde ao vixente marco institucional de distribución de competencias, configurado basicamente no Estatuto de autonomía de Galicia. Este, no artigo 27.19, establece como competencia exclusiva da Xunta de Galicia o fomento da cultura en Galicia e, no artigo 32, que corresponde ao Goberno da nosa Comunidade Autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego.

De conformidade co Decreto 198/2020, do 20 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, esta asume as competencias de promoción e difusión da cultura para potenciar a imaxe das bibliotecas e o fomento do acceso igualitario á cultura para toda a cidadanía a través da lectura.

Á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, segundo o establecido na Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia, como órgano de dirección e coordinación do sistema galego de bibliotecas, correspóndelle tramitar e resolver os procedementos de inscrición de bibliotecas de titularidade pública ou privada no Rexistro de Bibliotecas de Galicia, segundo o establecido nesta lei e no seu desenvolvemento regulamentario.

O Colexio Médico de Ourense e a Agrupación Folclórica Queixumes dos Pinos de Ourense solicitaron a inscrición dos seus respectivos centros bibliotecarios no Rexistro de Bibliotecas de Galicia e os servizos técnicos desta consellería comprobaron que cumpren cos requisitos exixidos no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas.

Por proposta do secretario xeral de Cultura, no exercicio das facultades que me confire o artigo 3 do Decreto 198/2020, do 20 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade,

RESOLVO:

Aprobar a inscrición no Rexistro de Bibliotecas de Galicia dos seguintes centros bibliotecarios:

– Biblioteca do Colexio Médico de Ourense.

– Biblioteca da Agrupación Folclórica Queixumes dos Pinos.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade