Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 3 de maio de 2021 Páx. 22303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 15 de abril de 2021 polo que se notifica unha visita no expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2009/123-0.

O 29 de marzo de 2021, a xefa do Servizo Técnico da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou realizar unha visita de inspección para toma de datos previa á redacción do proxecto de demolición dunha construción no lugar de Carpazal, Laiantes de Arriba, no termo municipal de Maside, provincia de Ourense.

A dita visita terá lugar o 26 de maio de 2021 ás 10.30 horas.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da dita visita a Manuel Bastos Adriano, mediante esta anuncio, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administraciones públicas, notifícase ao interesado a dita visita por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística