Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase seguridade social, seguido baixo o número 119/2019, en que figura como interveniente Eduardo Raúl Arias, no cal se sinalou xuízo para o día 25 de maio de 2021, ás 12.20 horas, respectivamente.
Ao estar a dita parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto, cumprindo o disposto na Instrución 6/12, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma deste.
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2021