Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 4 de maio de 2021 Páx. 22524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican a varias persoas interesadas trámites de audiencia en relación coas modificacións do acordo da zona de concentración parcelaria de Fonteo (Baleira).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, ou sendo o domicilio descoñecido, notifícase ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto administrativo notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

As persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nos oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo primeiro, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do acto administrativo que se notifica e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase efectuada desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Lugo, 14 de abril de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de propietario/a

Persoa interesada

Acto que se notifica

130

46240630G

Trámite de audiencia

130

46240629A

Trámite de audiencia