Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 4 de maio de 2021 Páx. 22514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 19 de abril de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 38/2021 fronte á Resolución do 10 de decembro de 2020 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1), e fronte á Resolución do 10 de decembro de 2020 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación de emprego para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (publicadas no Diario Oficial de Galicia número 249, do 11 de decembro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 38/2021, fronte á Resolución do 10 de decembro de 2020 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1), e fronte á Resolución do 10 de decembro de 2020 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación de emprego para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (publicadas no DOG núm. 249, do 11 de decembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos á referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública