Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social se ditou resolución do 22 de marzo de 2021, dirixida a Cafeína, S.L., contra a cal non cabe interpoñer recurso ningún.
Faise saber igualmente que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto e que as seguintes notificacións se farán fixando copia da resolución no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamentos.
E para que sirva de notificación en legal forma a Cafeína, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 14 de abril de 2021
A letrada da Administración de xustiza