Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 4 de maio de 2021 Páx. 22593

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO da aprobación de cambio de uso dunha parcela municipal.

O Pleno do Concello de Curtis, en sesión plenaria ordinaria do 9.4.2021, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar, ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o cambio de uso dotacional da parcela sita no lugar da Espiñeira, parroquia de Santaia, inscrita no inventario municipal de bens (código 1INM03200002), con referencia catastral 000201500NH87G0001RO, de uso dotacional “docente” a uso dotacional “sanitario-asistencial”.

Segundo. Publicar o presente acordo no BOP e no DOG, e remitir o dito acordo á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, para o seu coñecemento e efectos, así como para a inclusión nos sistemas de información urbanística da Comunidade Autónoma. No anuncio de aprobación farase constar a dita remisión».

Contra esta disposición administrativa de carácter xeral pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Curtis, 13 de abril de 2021

Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde