Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 4 de maio de 2021 Páx. 22437

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 12 de abril de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a adquisición e instalación de equipamentos de medida do caudal subministrado en alta por sistemas de abastecemento de auga potable de titularidade pública na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU301A).

BDNS (Identif.): 558247.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas os concellos, as mancomunidades, os consorcios e outras entidades locais recollidas na Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, responsables de sistemas de abastecemento de auga potable que dean servizo a menos de 50.000 habitantes.

Segundo. Obxecto

Bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a adquisición e instalación de dispositivos de medición do caudal captado en sistemas de abastecemento de titularidade local da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento AU301A).

Terceiro. Bases reguladoras

Publícase conxuntamente este extracto coa Resolución do 12 de abril de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a adquisición e instalación de equipos de medida do caudal subministrado en alta por sistemas de abastecemento de auga potable de titularidade pública na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU301A).

Cuarto. Importe

As axudas reguladas ao abeiro desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6566. Subvencións de capital a corporacións locais, da entidade pública empresarial Augas de Galicia. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a cincocentos mil euros (500.000,00 €).

O importe das axudas será do 100 % do investimento da actuación proposta, ata esgotar o crédito e cos límites máximos por solicitude que se indican a continuación (IVE incluído):

a) Quince mil euros (15.000 €) en entidades de entre 20.001 e 50.000 habitantes.

b) Doce mil euros (12.000 €) en entidades de entre 10.001 e 20.000 habitantes.

c) Nove mil euros (9.000 €) en entidades de entre 5.001 e 10.000 habitantes.

d) Seis mil euros (6.000 €) en entidades de entre 2.001 e 5.000 habitantes.

e) Tres mil euros (3.000 €) en entidades de 2.000 habitantes ou menos.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 1 de setembro de 2021.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2021

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Presidenta de Augas de Galicia