Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 5 de maio de 2021 Páx. 22795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 13 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2020047AM-OU por infracción en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2020047AM-OU, incoado na Xefatura Territorial de Ourense á persoa/entidade que se sinala no anexo.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, lle facilitarán impresos normalizados para pagar a sanción nos prazos establecidos. De non facelo así, realizarase o seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2021

Carmen Durán Parrondo
Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2020047AM-OU.

Documento de identificación: 76727418Q.

Último enderezo coñecido: rúa Erbedelo, 34, local 62, 32002 Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 3.007,00 €.